A Escola Deportiva Municipal de Jealsa do Barbanza Golf volveu a acadar grandes resultados nun dos torneos máis importantes. Desta vez foi no Campionato Galego de Pitch & Putt que se celebrou este pasado martes no campo El Pilar de Sarria. 24 alumnos da escola foron ao evento a aprticipar coa intención de disfrutar e cadar os mellores resultados posibles, e o éxito foi enorme. O Barbanza fíxose con 6 dos 8 títulos en xogo. Na categoría cadete Clara Agreglo venceu e no cadro masculino Jorge Docabo rematou subcampión na súa categoría en cadete. En Infantil masculino Simón Gómez fíxose co campionato e Martín Rosende rematou segundo. En Alevín Carlos Silva rematou subcampión, ao igual que Martín Docabo na categoría benxamín. Un gran evento que contou cos mellores de todo galicia, e que o Abrbanza Golf volveu a demostrar o bo traballo que están realizando na base.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza