O Bloque Nacionalista Galego deu conta das deficiencias que se atopan en Deán. Así, desde a sede bloquista sinalan que na estrada que discorre por Deán Pequeno, preto do lugar das Minrelas, as tapas de sumidoiros están provocando molestias debido ao mal estado no que se atopa o firme. As veciñas e veciños están cansos de ter que soportar o ruído que producen as tapas de sumidoiros que hai por toda a estrada.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza