A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, anunciou esta mañá na Coruña a convocatoria dun novo programa de axudas destinadas a apoiar aos cidadáns na execución de obras de rehabilitación enerxética en vivendas unifamiliares e edificios residenciais. Ademais destes incentivos, que poden chegar a cubrir ata o 100% do custo da actuación, tamén se publicarán outras axudas novas para financiar trámites previos e imprescindibles para levar a cabo este tipo de obras.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza