Este fin de semana terá lugar unha nova xornada de trainerillas na comarca do Barbanza. Desta vez será Rianxo o municipio ainftrión que dará cabida ao Territorial. Alí, durante a xornada de mañá, tanto Cabo de Cruz, como Rianxo, Muros e Puebla buscarán facerse cunha das 5 prazas que dan accesos á final do domingo na categoría masculina. Así mesmo, Cabo de Cruz e Rianxo farán o mesmo pero na modalidade feminina. Sen embargo, o bo facer na categoría xuvenil por parte do Náutico de ribeira, Puebla e Cabo de Cruz permítelles participar directamente na final do domingo. Cabo de Cruz só o fará no masculino e ribeira e Puebla en ambas categorías. Esta é a parte da Liga Norte. O Campioanto Galego terá lugar entre os días 21 e 22 en Meira e o 28 e 29 celebrarase o nacional en Bueu.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza