A forma de consumir cambiou moito nas últimas décadas. Nos armarios dos nosos avós o habitual era atopar pouca roupa pero duradeira, todo o contrario ao que vemos agora. As modas cambian moito máis rápido, cada tempada os escaparates das tendas cambian decenas de veces e nós vémonos abocados a renovar o armario cada pouco tempo. Pero a forma de facelo está a cambiar aos poucos, porque cada vez máis xente, sobre todo xente nova, apúntase ás compras de segunda man.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza