Este, agora si que si, sen ningunha dúbida, é o partido máis importante do ano para o Puebla. O cadro branquiazul xógase un psoto na Preferente nun enfrontamento directo contra o Residencia. O conxunto barbanzá está un punto por riba dos lucenses, pero con un partido máis. Isto quere dicir, que o duelo deste domingo decidirá, case de forma definitiva, o cadro que manteña a categoría. Os de Jesús Mella necesitan o triunfo para sacarlle 4 puntos ao Residencia a falta dunha xornada para eles e dúas para os lucenses. O Puebla recibe na casa na última xornada ao ao Ribadeo, que non se xoga nada, e o Residencia ten por diante, ademais do partido contra os pobrenses, tamén a vistia ao Pino e os 3 puntos case asegurados na casa ante o Vista Alegre. Polo que incluso aos lucenses lles pode valer o empate. No encontro de ida o partido rematou 2-2. O duelo disputarase o domingo a partir das 18 da tarde na Cheda. O Boiro pola súa parte descansa por motivos de calendario.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza