As rapzas do Boiro feminino afrontan este fin de semana un partido crucial pola salvación an Primeira División Galega. O cadro dirixido por Ana visita ao Antas dependendo de si mesmas para lograr a permanencia. Isto todo grazas ao vital triunfo a semana pasada na casa fronte ao Victoria, logo dunha espectacular remontada, xa que as boiristas caían 0-2 en apenas 12 minutos e no minuto 69 gañaban xa por 3-2 o que sería o resultado definitivo, sumando tres puntos importantísimos. Agora mantensesitúase un punto por riba do Antas, o seu próximo rival. De gañar, as Escolas de Boiro terían pé e medio un ano máis na Primeira Galega. O partido disputarase o domingo a partir das 19:15 no Castro Seoane.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza