Un ano máis a Liga de Empresas organizada polo Club Barbanza Golf foi oto un éxito. Rematou este fin de semana coa entrega de premios e cunha gran festa final na que se levaron a cabo diversos sorteos. Os premios foron moi repartidos. Na primeira categoría o campión foi Estrella Team que se levou 460 euros, e o subcampión Gesdecor A con 320. Na segunda categoría o mellor foi Simaplast con 410 euros de premio, seguido de Lar Blanco A con 260 euros. Así mesmo tamén se repartiron premios nas modalidades de hándicap. Gesdecor reinou na 1ª categoría e na segunda categoría foi Tarrio y Suarez quen se levou o gato á auga. Eleuterio Balayo rematou segundo. Fin así á oitava edición da Liga de Empresas organizada polo Barbanza Pitch & Putt que reuniu a grandes deportistas e sobre todo cun gran ambiente.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza