O conflito pola extracción da mexilla conta cun novo capítulo. O Clúster do Mexillón solicita por rexistro a dimisión da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, polos incumprimentos dos acordos aos que se chegaron para recoller mexilla nas rochas. Tamén inclúen o cese da Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, SusanaRodríguez, por aprobar plans de xestión que xeran danos ao sector. Quintana reclama aos mexilloeiros adaptarse ao novo modelo de xestión que busca preservar o produto.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza