A contabilización de casos de coronavirus en Galicia deixa unha mellora de datos en relación á pasada semana. Hoxe rexistráronse 1.375 novos contaxios polos 1.568 que había hai sete días. A situación semella mellorar xa que hai un total de 14.609 positivos na comunidade. Sen embargo os hospitalizados incrementáronse ata os 760, 48 máis que o pasado mércores e se comunicaron sete falecidos por covid. Os veciños da comarca non se amosan preocupados por estes datos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza