A Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal pon en marcha un novo itinerario formativo como mecanismo facilitador de cualificación laboral, así como de ferramentas para a adquisición de novas competencias que poidan redundar nunha mellora da empregabilidade no sector primario. Nesta ocasión, focalizarase no eido fitosanitario e constará de dúas accións de balde solicitadas á Consellería do Medio Rural e que se desenvolverán na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza