A Xunta de Galicia e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis na promoción da lingua e a cultura galegas co gallo do Día das Letras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no hipermercado Eroski A Sionlla de Santiago a nova campaña conmemorativa dirixida ao sector comercial, con bolsas da compra de papel e carteis coa imaxe de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado neste 17 de maio.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sinalou que Vegalsa-Eroski é unha empresa que se distingue polo seu compromiso coa lingua galega e coa pluralidade lingüística do Estado e por iso para a Xunta é sempre un motivo de satisfacción celebrar con ela as Letras Galegas e axudar a que a súa clientela se achegue á figura do homenaxeado no Día das Letras, Florencio Delgado.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza