O Concello de Boiro continúa a súa aposta pola cultura. Agora en maio, un mes por excelencia con moita actividade cultural, terán lugar multitude de obras teatrais. Así, no día de hoxe alumnos dos colexios do municipio acudiron á Casa da Cultura de Boiro para apreciar a representación teatral “Sorrisos intelixentes”, de Alba Grande. Os estudantes de diferentes centros de ensino puideron disfrutar dunha mañá cultural nos horarios de 10:30 horas e 12 horas da mañá. A programación cultural continuará mañá xoves a partir das 18 da tarde cunha mesa redonda baixo o nome “Abordando os Retos”. Os interesados poden inscribirse en www.espazofamilais.org.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza