O Goberno español aprobará o mecanismo hispano-portugués para rebaixar a factura eléctrica no Consello de Ministros seguinte ao deste martes, segundo informaron fontes gobernamentais despois de coñecer a aprobación “preliminar” por parte da Comisión Europea.Cando entre en vigor, o sistema establecerá un límite sobre o prezo do gas natural que alimenta as centrais térmicas, o que rebaixará case á metade a factura eléctrica dos clientes que contan cunha tarifa regulada, os que máis sufriron o brutal encarecemento da electricidade no último ano.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza