Non foi o posto agardado o que acadou Iago López Marra no mundial de catamaráns disputado entre o 9 de abril e o 6 de maio. O sonense chegaba ás augas estadounidenses de Houston coa ilusión de poder lograr un metal, pero foi imposible. As duras condicións meteorlóxicas mermaron moito o nivel de López Marra, que non foi capaz de sobrepoñerse e reaccionar ante as adversidades externas. O nivel de dureza foi tal que as tormentas deixaron en terra á frota durante dous días. Agora Iago López Marra segue traballando para chegar a punto ás vindeiras competicións.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza