Hai máis dun ano que comezou a campaña de vacinación da covid 19. Tras tres doses postas por galego, estase a traballar nunha nova que se desenvolverá en outono-inverno. O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, confirmou que será asi para a poboación xeral e espera que nese momento as vacinas teñan as dúas variantes habituais: a orixinal e a ómicron. Na rúa, gran parte dos veciños da comarca porá a nova dose, aínda que hai xente que o pensará.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza