Na súa aposta pola adquisición de coñecementos orientados a acadar unha inserción no mundo laboral, a Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e a FSC Inserta volven sumar forzas e deseñan un itinerario formativo dirixido a persoas con diversidade funcional. O programa consta dun total de tres cursos que se impartirán nos vindeiros meses na Casa da Mocidade e que contan co cofinanciamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza