Deputación da Coruña, a través da área de Turismo, subvenciona este ano con 1.258.849,58 euros trece programas para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, dentro do seu plan dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos. Esta liña de axudas contempla, por primeira vez na convocatoria do 2022, o turismo de Congresos e os Convention Bureau.
Trátase dunha liña moi ben dotada economicamente, que posibilita que os entes de xestión conten con persoal cualificado para abordar obxectivos concretos tan importantes como contar con secreterías técnicas especializadas, estruturar produto, e mellorar a calidade e competitividade en destino”.
Entre as entidades beneficiarias das axudas atópanse a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros- Noia cunha dotación de 60 mil euros, e a Mancomunidade da Ría de Arousa Zona Norte con 110 mil euros.