A constante suba do prezo dos carburantes en España, e tamén por suposto en Galicia, deixou practicamente sen efecto o desconto de 20 céntimos o litro aplicado polo Goberno. Na maioría das estacións, o litro de gasolina e o diésel págase agora a maís de 1,80 , cifras que non se chegaron a alcanzar nin durante o inicio da invasión de Ucrania, nin durante a folga de transportes. Os veciños da comarca afirman que lles está afectando que son prezos moi elevados.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza