As rapazas do Boiro feminino teñen esta xornada unha tarefa realmente complicada ao recibir na casa a un gran equipo como é o Victoria de Santiago “b”. As boiristas atópanse na última posición con 6 puntos a tan só dous da permanencia, que marca o Antas. O seu rivald este fin de semana será o victoria b, que xa ten setenciada a permamencia. No partido de ida as Escolas de Boiro caeron un disputado encontro por 1-0, resultado que agora tentarán emular pero ao seu favor para poder saír do farol vermello. Trátase dun partido chave, xa que a seguinte semana teñen o enfrontamento directo na casa do Antas. O partido disputarase este domingo a partir das 16 horas en Vista Alegre
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza