O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron hoxe no porto de Muros a unha demostración do programa Mar-2. Trátase dun sistema automatizado para a medición da calidade da auga, que é a primeira solución con vehículos non tripulados posta en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos. Rosa Quintana subliñou a importancia de incorporar as últimas tecnoloxías co obxectivo de facilitar o labor de estudo e control do medio mariño.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza