Continúa a loita polo ascenso á Preferente, e ao igual que na primeira fase, decidirase todo nos últimos dous encontros. E os protagonistas serán os mesmos, Cidade de Ribeira e Unión, quenes sen lugar a dúbidas están demostrando durante toda a tempada que son os mellores cadros da categoría. E ninguén baixa o pé do acelerador. Necesitban ambos os triunfos, e así o fixeron. Por un lado os de Santa Uxía venceron na casa ao Baio por 2-0, grazas aos goles de Joseíño logo do descanso e aos poucos minutos do seu ingreso ao terreo de xogo, e ao tanto de Adrián Lijó, porteiro do cadro celeste pero que o domingo vestiuse de goleador para poñer o definitivo 2-0 no minuto 90. Doutra banda o Unión mantense vivo na loita despois dun partido de auténtica tolemia. Gañaban os locais 1-0 ao Mazaricos, cando no minuto 90 Sueiro empataba o encontro para os visitantes. Sen embargo, na seguinte xogada Víctor Lorenzo anotou o definitivo 2-1 para manterse na loita. Agora, a falta de dúas xornadas o Cidade de Ribeira é líder con 15 puntos seguido do Unión que ten 14. Máis abaixo está o Negreira con 9 e Flavia e Baio con 7. O mazaricos pecha a táboa con 2 puntos. Dúas xornadas de auténtica emoción, no que queda claro que o ano que vén ou Cidade de Ribeira ou Unión estarán en Preferente.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza