A canteira boirense segue a dar os seus froitos en Voleibol, Se xa algúns dos xogadores das inferiores for a convocado coa selección galega e incluso nacional, agora demostrouno como equipo. Así, o Jealsa Boiro convertiuse en campión galego de voleibol na categoría xuvenil, un torneo disputada na Coruña. Antes de dobregar na final ao Emevé en tres sets por 19-25, 19-25 e 18-25, o conxunto dirixido por Drián Alves tivo un duelo antes de chegar á final. Deste xeito, nas semifinais desfíxose con contundencia do Calasancias de A Coruña, tamén por tres sets a cero. Martín Casai foi designado como MVP da final. Agora, logo deste éxito, o Jealsa Boiro acudirá ao Campionato Nacional, título que tentará revalidar, xa que o pasado curso saíron victoriosos en España.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza