Era unha das últimas balas que lle quedaba ao Xuventú Aguiño Feminino para aferrarse á salvación, o seu duelo deste pasado fin de semana fronte ao Tomiño, equipo que marcaba a permanencia, pero non foi posible. Desde un primeiro momento viuse a un equipo local moito mellor plantado e traballado no terreo de xogo, con moita superioridade, algo que se trasladou ao marcador. Ao descanso o Aguiño perdía xa 5-0. Xa na segunda metade caerían outros tantos goles para as locais que poñían o 10-0. Carla Sanda, no último minuto fixo o gol da honra para as aguiñenses, que vén como se lles escapa a salvación. Agora logo desta derrota, o Xuventú Aguiño é colista a 9 puntos da salvación con 15 puntos en xogo. As Escolas de Boiro descansaron por motivos de calendario e tamén se atopan en descenso, aínda que con claras opcións de salvarse.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza