Os traballos de rehabilitación de posta en valor de Pontenafonso foron retomados o día 11 de abril, logo de recibir o visto bo da Comisión de Patrimonio da Coruña co novo proxecto para a ponte, que recolle a reconfiguración do peitoril de pedra en lugar do metálico que recollía o proxecto contratado, e unha vez superado o paro do transporte que retrasou o seu comezo por falta de subministros. O alcalde de Outes informou dos avances da actuación.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza