Era un partido chave o que tiñan os boiristas esta xornada. O cadro dirixido por Luis Carro visitaba ao segundo clasificado do grupo, As Pontes, coa intención de continuar líderes da liguilla e manter a distancia co descenso. E así foi, logo dun disputado duelo, o Boiro conseguiu traer un valioso punto despois de firmar tablas sen goles.
Non foi unha tarefa sinxela, xa que durante os 90 minutos calquera dos dous equipos se puido levar o triunfo. Nos primeiros 45 minutos foron mellor os visitantes, que gozaron de ocasións nos pés de Piñeiro, pero o bo facer da defensa local impediu que os brancos se marchasen ao descanso con vantaxe no marcador.
Xa na segunda metade o partido cambiou. Os locais foron mellores, e só un excelso Juan puido soster ao Boiro, que os últimos minutos tivo que xogar cun xogador menos logo da expulsión de Pablo Vidal por doble amarela. Así, co 0-0, e co empate final o Boiro ten case pechada a permanencia ao situarse líder con 16 puntos, a 10 do descenso.
O Puebla pola súa parte descansou esta xornada por motivos de calendario.