O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo visitou esta mañá a nova fachada marítima de Porto do Son. O Goberno galego investiu nesa obra case catro millóns de euros e actuouse en 26.000 metros cadrados, divididos en tres zonas: o acceso, a parte central na que se eliminou a presenza dos coches e a final, rematada cun miradoiro.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza