A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) puxo en marcha unha nova campaña de seguridade viaria que se prolongará desde hoxe ata o próximo 10 de abril, de modo que estará activa durante a primeira fin de semana das vacacións escolares de Semana Santa. Nesta ocasión os controis poñerán o foco no uso dos sistemas de retención, tanto o cinto como as sillitas ou elevadores infantís. Os veciños do Barbanza sinalan indispensable esta medida de seguridade.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza