O Concello de Lousame continúa executando e programando obras que respondan ás necesidades máis urxentes dos veciños. Así, a alcaldesa de Lousame anunciou que están elaborando o proxecto para dotar a Berrimes dunha rede de abastecemento que cubra as necesidades de gran parte das vivendas. A actuación suporá un investimento de 800 mil euros, e dotarase dunha depuradora nas inmediacións da ponte de Berrimes.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza