A primeira semifinal do Benidorm Fest deixou aos primeiros catro clasificados para a final. Chanel, Blanca Paloma, Varry Brava e Tanxugueiras. As Tanxugueiras conseguiron pasar á ronda definitiva grazas ao voto demoscópico e ao televoto, xa que o xurado profesional deixou fora ao trío galego coas súas puntuacións. Finalmente o grupo formado pola ribeirense Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro quedaron segundas na semifinal xa que lograron sumar 93 puntos. A opción máis votada foi a de Chanel, con 110 puntos, no terceiro posto clasificouse Blanca Paloma, con 79 e no cuarto Varry Brava, con 74. Azúcar Moreno e Unique quedaron foro con 69 e 55 puntos respectivamente.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza