O partido que Rotogal Boiro Voleibol e o Conectabalear Manacor deberían disputar este sábado ás sete da tarde na Cachada foi aprazado. O motivo é que variosintegrantes do equipo mallorquino han dado positivo por Covid-19. A nova data da disputa do encontro correspondente á décimo sexta xornada da Superliga aínda non se concretou.
O aprazamento do partido contra o Conectabalear Manacor é o cuarto consecutivo para o Rotogal Boiro Voleibol, que disputou o seu último encontro da Superliga o 18 de decembro contra o Guaguas na Cachada. Despois, casos de Covid-19 nos rivais impediron que se celebrasen os duelos ante San Sadurniño, Unicaja Almería, Teruel e, agora, Conectabalear Manacor.
De momento, estableceuse a data para o derbi contra o San Sadurniño o mércores 9 de febreiro ás 20.00 horas no Pavillón Municipal de San Sadurniño.