A Terceira División xa vai collendo forma e a partir de agora cada partido é unha final para os equipos que se atopan loitando por diferentes obxectivos. É o caso do Noia, que se atopa na decimoquinta praza con 16 puntos a dous tan só da permamencia. O seu rival desta xornada será o Ponteareas, que se sitúa un posto por riba dos noieses con un punto máis. Trñatase dun encontro de vital importancia para ambos cadros dada a situación na que se atopan. No encontro da primeira volta os de Iván Carril venceron por 3-1 nun partido no que foron moi superiores, pero o fútbol é moi cambiante. O Noia vén de sufrir unha dura derrota fronte ao colista na casa por 0-1 e o Ponteareas caeu en Vilalba por 2-0. O encontro correspondente á xornada 21 terá lugar o domingo a partir das 16:30 horas no Estadio Municipal de Pardellas.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza