Desde o venres pasado ata o 20 de febreiro está dispoñible a exposición Escolanía de merlos no auditorio de Rianxo. A presentación está formada polos traballos realiazos no obradoiro de iniciación ao gravado impartido por Pepe Míguez, durante o mes de outubro. É unha actividade por parte do Concello de Rianxo que nace como homenaxe ao centenario do nacemento do cura e poeta Isorna Faustino Rey Romero e 50 anos do seu falecemento. O alcalde de Rianxo agradeceu a tódolos participantes.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza