Xornada dispar na preferente para os dous representantes do Barbanza. Por un lado, o Boiro reengánchase á parte alta da táboa grazas ao triunfo en Barraña fronte ao Xallas. Os tantos de Adrián Pereira e Piñeiro servíronlle aos de Luis Carro para sumar usn 3 puntos moi importantes. E iso que o partido comezou cun ritmo lento, con dominio local, pero con escasas ocasións. Tivo que ser nunha xenialidade a balón parado onde Pereira firmou un tanto para adiantar aos boiristas. Co 1-0 chegouse ao descanso. Na segunda metade mellorou o Xallas cos trocos, pero Marcos Piñeiros recuperou un balón para plantarse diante de Koke e batilo poñendo o 2-0. Stefan, para os visitantes puxo o definitivo 2-1. Con este triunfo, o Boiro sitúase na sexta posición con 20 puntos, a dous do Paiosaco que marca a zona de ascenso.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza