O Servizo de Deportes de Rianxo confirmou que despois da pausa do 2020 por mor da COVID vanse recuperar esta tempada a Marcha BTT e a Andaina Concello de Rianxo,que se celebrarán o 13 de febreiro, con organización da Peña Cicloturista Castro Barbudo e o devandito departamento municipal de Deportes.
O domingo 13 de febreiro vaise celebrar a IX Marcha BTT Concello de Rianxo, con saída e chegada no porto da vila e cun itinerario que percorrerá os camiños e montes locais, entrando tamén nos municipios veciños de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media – 50 km) e (longa – 72 km).
De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase a V Andaina Concello de Rianxo, de 19 quilómetros de distancia. Os interesados en anotarse poden facelo a través de emesports.es. As primeiras cotas serán de 10 euros ata o 29 de xaneiro, a partir desa data será de 15 euros. O 9 de febrero pechan as inscricións.