Este venres a Praza do Concello de Boiro acolleu a primeira xornada de folga convocada pola CIG, Comisións Obreiras e UXT. Dende as entidades demandan un convenio digno para o sector da conserva. No día de hoxe o éxito foi tal que o 80 % dos traballadores secundaron a concentración. Este parón masivo impediu a actividade nas principais empresas do sector, segundo os sindicatos. Segundo comisións obreiras, o persoal do sector son maioritariamente mulleres que cobran un 28% menos ca na industria cárnica, onde a maioría son homes.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza