Fai exactamente 3 días, a Xunta de Galicia abría o prazo de solicitude das axudas do programar Renove Automoción, que contaba cun presuposto que triplicaba a edición anterior, 2.5 millóns de euros. Esta iniciativa buscaba apoiar a compra de 1.11 vehículos enerxéticamente eficientes por parte dos cidadáns e empresas. Pois por parte dos particulares esgotouse, e foron un total de 817 as solicitude que se tramitaron neste dous últimos días. É certo que desde o 1 de xaneiro xa se viñan solicitando, pero a entrada en vigor do plan foi o 17 de xaneiro. Para acollerse ao programa era necesario desbotar un vehículo de máis de dez anos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza