O acordo alcanzado entre a Unión Europea e o Reino Unido sobre as cotas pesqueiras nos caladoiro compartidos suporá unha rebaixa do 20% no cupo de merluza do norte para España e do xurelo cantábrico. Os barcos españois verán reducida a súa cota de merluza, a especie de maior valor comercial. Aínda que as cotas aínda non foron establecidas, o presidente da Federación Galega de Confrarías da por feito que sexa así logo da saída do Reino Unido da Unión Europea.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza