A Casa do Concello da Pobra acolleu onte un pleno extraordinario solicitado polo PP municipal. Os populares buscaban a reprobación da concelleira de Deportes e do alcalde pola xestión realizada da reforma e acondicionamento do polideportivo de Venecia. A empresa adxudicataria non desenvolveu a obra, polo que foi necesario rescindir o contrato da actuación. Manuel Durán denunciou a falta de transparencia do Goberno local e remarcou o custe social, económico e deportivo que tivo no municipio.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza