Daniel Varela Tubío e seu caddie Simón Daniel Varela lograron clasificarse entre os 50 mellores da Copa Andalucía que se disputa en Estepona, Málaga. Daniel Varela tivo un gran debut nesta competición conseguindo finalizar as 4 xornadas do torneo. A pesar de asinar unha primeira xornada de 81 golpes, repúxose cunha tarxeta de 71 golpes na segunda xornada e terminar con resultados de 75 e 79 golpes nas dúas ultimas xornadas finalizando a competición no posto 48 ccon un total de 306 golpes.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza