A Xunta e o Concello de Porto xuntaron forzas a prol da mellora do sistema de saneamento municipal en Queiruga, cun investimento autonómico que rolda os 1,8 millóns de euros. O Consello da Xunta autorizou este mércores 29 a colaboración técnico-financeira entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello para executar unha nova estación depuradora de augas residuais no lugar da Ponte.
Na autorización especifícase que a administración hidráulica da Xunta asume “integramente o financiamento da nova instalación”, que “suporá un grande avance para a rede de saneamento dos principais núcleos costeiros de poboación da zona sur do termo municipal”.
O alcalde de Porto do Son reafirmou o compromiso do concello co saneamento municipal.