Nos últimos tres meses a hostalaría da Pobra do Caramiñal está a sufrir unha serie de roubos que levantaron a alarma social pola súa continuidade. Son numerosos os locais afectados e os seus propietarios reclaman unha maior implicación da policía para que se deixen de producir os atracos. O alcalde do municipio, Xosé Lois Piñeiro, afirma que están a colaborar coa Garda Civil e se aumentou o número de patrullas nocturnas, chegando a haber tres pola noite, o que se traduciu nunha redución dos roubos no mes de decembro a dous: os días 12 e 20.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza