O concello de Ribeira está a concentrar a meirande parte dos casos de coronavirus da comarca. Hoxe conta con 101 casos a dúas semanas, oito máis que onte, e 72 a sete días, cinco máis. O alcalde da localidade, Manuel Ruiz, fai un chamamento a respectar as normas e anunciou que no Hospital do Barbanza haberá un punto para realizar PCR. Non é necesario ter cita e pódese acudir de 15.30 a 21.00 horas, agás o día de nadal e de aninovo.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza