A Deputación da Coruña aprobou hoxe en pleno importantes investimentos por importe de 5,3 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria na rede provincial de estradas. Este orzamento permitirá configurar novos espazos para os peóns e mellorar o trazado das vías, así como o seu firme. As tarefas levaranse a cabo en numerosos concellos, entre eles Noia, Outes, Rianxo e Lousame.
A Deputación deu luz verde a un importe de 606.034 euros para acondicionar cinco quilómetros e medio na DP-1150 de Noia a Boiro, que se atopan nos concellos de Lousame e Noia; 258.270 euros para acondicionar a DP-3404 desde A Serra de Outes a Dumbría (Dumbría) e ramal ao longo de un quilómetro e medio; 303.248 euros para mellorar tres quilómetros de firme da DP-7202 de Rianxo a Burés por Asados (Rianxo).
A Deputación tamén aprobou no pleno a creación de dous novos centros de coworking en Santiago e A Pobra. Pasarán a formar parte da Rede Rrovincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación. O espazo pobrense ten capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras, ademais de contar con sala de reunións, espazo de usos múltiples, cociña, zona de descanso, almacén e acceso a internet. Para dinamizar a súa actividade o ente provincial achegará 24.811 euros.