Os concellos de Lousame, Rianxo, Outes e Muros están a aguantar a sexta onda, e son os únicos da zona que hoxe non rexistraron un aumento de contaxios. Outes, Lousame e Rianxo levan varios días contando con entre un e nove casos a dúas semanas e a sete días, e hoxe suman un máis. Muros contabiliza hoxe 17 positivos a catorce días e 12 a unha semana, a mesma cifra que onte.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza