Son xa 2.903 persoas as que se benefician do servizo de Teleasistencia domiciliaria que a Deputación da Coruña presta aos 90 municipios da provincia con menos de 50.000 habitantes, todos a excepción das cidades da Coruña, Santiago e Ferrol.
Durante o último ano o servizo de Teleasistencia da Deputación atendeu desde a súa central situada no polígono de A Grela (A Coruña) 127.843 chamadas e rexistráronse 333 novas altas, polo que o número de usuarios a día de hoxe alcanza os 2.903
Durante a crise do coronavirus a Deputación reforzou o servizo e simplificou os trámites para acceder de forma urxente á Teleasistencia, que é gratuita para os usuarios, cuxo perfil tipo é o dunha muller maior de 80 anos que vive soa, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe correspondente a persoas con algún tipo de diversidade funcional.
Desde a Deputación destacaron o traballo das operadores, que realizan arredor de 500 chamadas de control cada día desde a central. A persoa teleoperadora terésase sobre se a persoa descansou ben, tomou a súa medicación e se se atopa en bo estado de saúde, mentres apunta nun programa informático cada detalle que o seu interlocutor lle vai contando a través do intercomunicador que leva consigo as 24 horas do día, co que se crea un expediente individualizado de cada usuario, que permite un seguemento máis completo e eficaz.