O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá un convenio coa alcaldesa de Muros, Caridad González, para cofinanciar a limpeza e o mantemento da cuberta da Casa do Concello.
O acordo contempla unha achega de 16.000 euros por parte da Deputación, que se traduce non 60% do custe total de 26.620 euros.
A través deste acordo poderán abonarse os traballos de limpeza da vexetación do tellado, a reposición de tellas e a revisión e limpeza de canlóns e baixantes.