O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, mantivo unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, coa fin de abordar unha serie de asuntos que revisten competencia municipal. Un punto nos que as negociacións están moi avanzadas e xa existe unha proposta é desafectación da fachada marítima da cidade de Ribeira aínda que non se corresponde ao cen por cen coa solicitude inicial do Concello. A pesca deportiva tamén foi tratada de forma positiva.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza