O Casino de Noia será o escenario onde se desenvolva unha xornada innovadora onde se tratará a xestión das sostibilidade en eventos culturais coa realización de espectáculos en vivo en espazos rurais. O programa arranca mañá ás 17.00 horas cun paseo polo Gótico Mariñeiro de Noia a cargo da técnica de cultura do concello, Concha Allut, cuxa saída de producirá dende a igrexa de San Martiño. As actividades continuarán a partir das 18.30 no Casino noiés, onde se desenvolverá unha conferencia sobre estratexias de desenrolo sostible onde participarán varios poñentes. A partir das 19.45 terá lugar a charla Residuo = Oportunidade, da man de Gemma Neira. O aforo é limitado e para asistir é preciso inscribirse en www.deloa.es
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza