O Goberno de Ribeira vén de manifestar públicamente, segundo o concello, o seu malestar polos ataques recibidos nos últimos días de parte da Anpa do CEIP de Palmeira. Desde o goberno local afirman que as reclamacións deberían dirixirse á Xunta de Galicia ao tratarse da entidade que ten a competencia en educación. A directiva desta ANPA presentou dous escritos no rexistro do Concello con datas o 11 e 18 de setembro e apenas un mes despois eleva as súas queixas ante a Valedora do Pobo. O alcalde de Ribeira afirma que só buscan o enfrontamento.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza